Quen somos

Lenda é unha librería xeneralista ubicada en Bertamiráns, no entorno de Santiago de Compostela, desde 2006.

Desde os comezos este proxecto, iniciado por dúas persoas que chegan ao sector desde a afición lectora, apostou claramente por converter ao libro en protagonista único do establecemento evitando calquera outro tipo de artículo tradicionalmente afín a venda de libros.

Tras tres anos nunha primeira ubicación nun baixo comercial de apenas 30 metros cadrados, a librería trasladouse ao local que ocupa na actualidade, no número 3 da Praza Maía, onde acolle un catálogo de aproximadamente 10.000 títulos entre novidades e fondo editorial. Todos os nosos libros son seleccionados un a un e non recibimos servicios automáticos de novidades editoriais. Eso permitenos confeccionar un stock que procuramos se adecúe ás demandas dos nosos clientes atendendo a un único criterio: a calidade nun sentido amplo.

Paralelamente temos acceso inmediato (habitualmente 24-48 horas) a un fondo vivo de máis de 500.000 títulos a través da nosa rede de distribuidores.