EDUARDO BAAMONDE
Edicións do Cumio presenta as acuarelas que o artista Eduardo Baamonde realizou das máis fermosas e representativas paisaxes de Santiago de Compostela. O libro contén corenta estampas nas que se poden ver rúas, prazas, edificios monumentais, detalles de fachadas e todo tipo de ambientes. Os deseños están acompañados de comentarios do autor sobre a orixe dos mesmos ou a historia do obxecto da ilustración. Trátase, pois, dun libro que pretende recordar aos cadernos de artista que adoitan acompañar os pintores e que foi editado con especial coidado, a toda cor e nunha encadernación de tapa dura.