A VITORIA DO PERDEDOR

A VITORIA DO PERDEDOR

REIGOSA, CARLOS G.

19,95 €
IVE incluído
Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Ano de edición:
2013
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9914-398-9
Páxinas:
240
Encadernación:
Rústica
19,95 €
IVE incluído
Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade
Engadir a favoritos

Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa saída de España. Está seguro de que a loita terminou. Mais a realidade -en forma dunha represión que non cesa- axiña lle vai demostrar o contrario. Isto desatará a súa rebeldía e impediralle fuxir. Converterase así nun combatente solitario e vingador que cambiará a realidade dunha bisbarra. Un home atrapado nun recuncho da Historia que axusta contas co mundo fratricida en que lle tocou vivir.
Carlos G. Reigosa constrúe con axilidade narrativa unha acción vigorosa e arrepiante que retrata a dialéctica embrutecedora entre a perversión da vitoria e o desvalemento da derrota. A crueldade resultante desborda a dimensión política para ser só ferocidade e desquite. A vitoria do perdedor é a memoria fera e doente dun tempo de posguerra dominado polo terror e a violencia.

Artículos relacionados

  • QUÉROTE
    DELFORGE, HÉLÈNE
    Quererse. Un estado, unha oportunidade, unha sorpresa, un sentimiento, unha sensación, unha emoción. O amor vívese, o amor dise, o amor cóntase, o amor compártese, o amor comeza, o amor acaba... ás veces. Mais non sempre. hay tantas clases de amor como namoradas e namorados. ...
    En stock

    22,00 €

  • OLLOS DE AUGA
    VILLAR, DOMINGO
    Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axuda...
    En stock

    20,90 €

  • SENLLEIRAS (II PREMIO ILLA NOVA)
    YA?EZ RODRIGUEZ, ANTIA
    PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as es...
    En stock

    22,80 €

  • FIOS DE INFANTIL, OS (PREMIO MARTA MATA DE PEDAGOXIA 2016)
    ABELLERIA BARDANCA, ÁNGELES / ABELLERIA BARDANCA, ISABEL
    Traballo gañador do XXXVI Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016. Esta edición contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Un libro que emociona, que achega o coñecemento e as experiencias de dúas mestras comprometidas coa calidade e a innovación educativas. As súas ideas brillantes, as reflexións cheas de ...
    En stock

    17,10 €

  • OURO DAS LUAS, O
    GARCIA TURNES, BEATRIZ
    En stock

    17,00 €

  • CANDO FUN PAXARO
    NÚÑEZ FIÚZA, MANUEL
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    15,00 €

Outros libros do autor

  • A AGONÍA DO LEÓN
    REIGOSA, CARLOS G.
    O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936. A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal. Durante os seus quince anos como e...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    25,95 €

  • A VIDA DO OUTRO
    REIGOSA, CARLOS G.
    A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais. As experiencias e as teimas da súa existencia rematan nun berro radical de afirmación e redención. Porque Miguel, xornalista de éxito e testemuña insubornab...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    19,95 €

  • PEPA A LOBA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixa...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    19,95 €

  • OXFORD, AMÉN
    REIGOSA, CARLOS G.
    Carlos Mosqueiro, que acaba de sacar o título de Ciencias Políticas, sen avisar a pais nin noiva, abandona Madrid en tren e cruza cidades, países e mares en busca de algo que descoñece. Tras unhas xornadas nunha comuna londiniense, será en Oxford onde se enfrontará coa súa soidade. Oxford, amén foi a primeira novela publicada en 1982 por Carlos G. Reigosa. A presente edición g...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    23,95 €

  • CRIME EN COMPOSTELA
    REIGOSA, CARLOS G.
    Crime en Compostela, galardonada co 1 Premio Xerais de novela en 1984, é un indiscutido bestseller da narrativa galega dos últimos vinte anos. Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra presenta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maiores logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigado...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    19,50 €