Búsqueda de Xuvenil galego

Libros / Galego / Xuvenil galego (101)

  • FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN. UN LEGADO INFINDO (LIBRO CON PICTOGRAMAS)
    GÓMEZ ÁLVAREZ, LUCÍA
    A colección “Lectura Fácil” nace para que todo o mundo poida ler, sexa como sexa cada un ou cada unha. Os pictogramas axúdannos a entender as historias e os poemas. A vida de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, a quen se dedica o Día das Letras 2022, ao alcance de todas e de todos. ...
    En stock

    16,50 €

  • CAMPO DE PLUMAS
    CASTRO YÁÑEZ JESÚS
    Dende Safo a Mary Jean Chan, gran cantidade de poetas compuxeron ao longo do tempo versos que daban conta de diversas identidades e orientacións sexuais. En Campo de plumas, Jesús Castro Yáñez escolle algúns deles e dálles forma en galego, con gran coidado e sensibilidade. Nesta escolma os poemas manteñen unha relación fluída e natural entre si e dialogan coa mocidade de hoxe. ...
    En stock

    16,00 €

  • SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    En stock

    12,95 €

  • A PINTORA LIBERTARIA
    PEPE CARBALLUDE
    Un discurso entre a verdade e a mentira, entre a ética e a estética, entre o teatro da vida e as bambolinas da conciencia.A pintora libertaria fai un percorrido que discorre en paralelo entre o mundo da política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e gr...
    En stock

    14,50 €

  • NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE
    NEGRO, CARLOS
    O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar... Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu so...
    En stock

    12,95 €

  • CAMIÑO PERIGOSO
    LOUREIRO, ÁNXELA
    En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura. A narración mes...
    En stock

    12,95 €

  • ANNE, A DE TELLAS VERDES
    MONTGOMERY, LUCY MAUD
    O carisma de Anne de Tellas Verdes transcende o séculoMatthew e Marilla Cuthbert, irmáns de mediana idade, pretenden adoptar un neno que os axude coa granxa. Por equivocación reciben a Anne Shirley, unha orfa fraca e rubia de once anos, chea de enerxía e vitalidade, que deixará unha pegada imborrable ao seu redor, grazas á súa vívida imaxinación e constante charla.Anne, a de Te...
    En stock

    18,00 €

  • 48 HORAS
    PANIAGUA POUSA, CÁNDIDO
    Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais...
    En stock

    12,95 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...
    En stock

    13,50 €

  • PIPPI MEDIASLONGAS EMBARCA
    LINDGREN, ASTRID
    Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga, dende ir de compras ata facer unha excursión. Canda os seus inseparables Tommy e Annika, o cabalo e o señor Nilsson, Pippi xoga a ser coma Robinson Crussoe indo ata a illa dun pequeno lago, onde mesmo lanza unha mensaxe de rescate nunha botella. Porque así é esta nena especial e ú...
    En stock

    16,00 €

  • DESCOÑECIDOS: PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA JUVENIL 2018
    LOZANO GARBALA, DAVID
    Dúas vidas que se cruzan de madrugada a través das redes. Un rapaz e unha rapaza que se entregan a un xogo misterioso: compartir os seus soños, as súas ilusións e os seus temores, pero non a súa identidade. Axiña darán o seguinte paso: unha cita ás cegas. Con todo, atoparse cun descoñecido sempre encerra riscos: porque todos ocultamos segredos? Un cadáver. O corpo dun rapaz...
    En stock

    11,95 €

  • O RAPAZ DO VESTIDO - GAL
    WALLIAMS DAVID
    Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións.Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos, as cousas non volverán ser iguais. ...
    En stock

    15,00 €

  • A AVOA GANSTER - GAL
    WALLIAMS DAVID
    Para Ben, os venres son o peor día da semana. Mentres os seus pais ven Bailando coas estrelas, el ten que pasar a noite coa súa vellísima avoa.Non pode faltar a sopa de repolo e a partida de Scrabble. Pero un día Ben descobre que a súa avoa agocha un auténtico tesouro?Será a ladroa de xoias máis buscada do mundo? ...
    En stock

    16,00 €

  • 22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá...
    En stock

    12,95 €

  • O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar d...
    En stock

    12,05 €

  • NENOS DA VARIOLA, OS
    SOLAR,MARIA
    Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpor, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que u...
    En stock

    14,70 €

  • MISTERIO DE PORTOMARIN, O
    YA?EZ RODRIGUEZ, ANTIA
    Mais por unha serie de casualidades van ter que investigar un misterio que todos coidaban esquecido... como a vila que descansa debaixo das augas do encoro. Durante séculos aquela vila anegada tivo os seus (terribles) segredos ben gardados. Mais agora van saír á luz... ...
    En stock

    14,70 €

  • A CAIXIÑA DOS RANCORES
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade...
    En stock

    12,95 €

  • JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    LEDICIA COSTAS ÁLVAREZ
    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeada...
    En stock

    12,95 €

  • QUEN DÁ A QUENDA?
    HÉCTOR CAJARAVILLE
    Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha b...
    En stock

    12,95 €

  • EUROPA EXPRESS
    MACEIRAS, ANDREA
    Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe. Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e...
    En stock

    12,95 €

  • O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou d...
    En stock

    15,50 €

  • SILENCIO
    ALONSO, FRAN
    Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de...
    En stock

    12,95 €

  • AS FLORES RADIOACTIVAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada...
    En stock

    10,95 €

  • AS MEIGAS DE LUPA
    SOLAR, MARÍA
    María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a pr...
    En stock

    12,95 €

  • O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS
    CALVEIRO, MARCOS
    Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers. Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os...
    En stock

    13,50 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...
    En stock

    13,50 €

  • FUTURO IMPERFECTO
    ALONSO DIAZ, XULIA
    Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado. ...
    En stock

    19,40 €

  • SEGREDO DE MARCO POLO, O
    CASTRO, FRANCISCO
    Nesta nova novela, publicada na colección Costa Oeste de Galaxia, o autor viaxa á Venecia do século XIII para construír unha historia de amor entre un xove soldado, fillo do militar máis importante da cidade (un home dominante que ten anulada a capacidade de decisión do seu fillo), e unha principessa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por est...
    En stock

    13,00 €

  • CORAZÓN DE CHOCOLATE
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade X...
    En stock

    13,50 €


01 02 03 04