RIVERA FERNER MARTA
Cando un neno africano chega ao noso país, é coma se un anaquiño de África nos viñese visitar.
Cando unha nena sudamericana nos fala, regálanos a dozura da súa linguaxe.
Cando un neno oriental nos sorrí, no seu sorriso agóchanse tesouros milenarios.
Todos nos traen o agasallo dos seus países, da súa lingua, da súa historia.
Que parvos seriamos se, por medo ao diferente, rexeitásemos estes presentes!
Que pobres seriamos se mirásemos só a pel e non o que se oculta detrás das miradas!