PEL DE LOBO

PEL DE LOBO

MIRANDA, XOSÉ

13,50 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2002
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8302-865-0
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
13,50 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental de ''Pel de lobo'', a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores. ''Pel de lobo'' constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanto a público xuvenil como adulto.

Artículos relacionados

  • FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN. UN LEGADO INFINDO (LIBRO CON PICTOGRAMAS)
    GÓMEZ ÁLVAREZ, LUCÍA
    A colección “Lectura Fácil” nace para que todo o mundo poida ler, sexa como sexa cada un ou cada unha. Os pictogramas axúdannos a entender as historias e os poemas. A vida de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, a quen se dedica o Día das Letras 2022, ao alcance de todas e de todos. ...
    En stock

    16,50 €

  • A PINTORA LIBERTARIA
    PEPE CARBALLUDE
    Un discurso entre a verdade e a mentira, entre a ética e a estética, entre o teatro da vida e as bambolinas da conciencia.A pintora libertaria fai un percorrido que discorre en paralelo entre o mundo da política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e gr...
    En stock

    14,50 €

  • ANNE, A DE TELLAS VERDES
    MONTGOMERY, LUCY MAUD
    O carisma de Anne de Tellas Verdes transcende o séculoMatthew e Marilla Cuthbert, irmáns de mediana idade, pretenden adoptar un neno que os axude coa granxa. Por equivocación reciben a Anne Shirley, unha orfa fraca e rubia de once anos, chea de enerxía e vitalidade, que deixará unha pegada imborrable ao seu redor, grazas á súa vívida imaxinación e constante charla.Anne, a de Te...
    En stock

    18,00 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    En stock

    13,50 €

  • STREET POEMS
    FRAN ALONSO
    Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da " street art " . Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na...
    En stock

    11,50 €

  • O RAPAZ DO VESTIDO - GAL
    WALLIAMS DAVID
    Dennis vive nunha casa aburrida, nunha rúa aburrida, nunha cidade aburrida, e non ten grandes aspiracións.Pero o que si ten son soños, e cando comeza a seguilos, as cousas non volverán ser iguais. ...
    En stock

    15,00 €

Otros libros del autor

  • AMANCIO AMIGO E O DEMO DA BOTELLA
    MIRANDA, XOSÉ
    A protagonista desta novela, Sabela, unha nena do Courel, é irmá da moza e amiga da irmá do meigo Amancio Amigo. Un día, por accidente, librera un demiño que o meigo ten pechado nunha botella. Para compensalo, ela e a súa amiga Loreto chocan un ovo caído do ceo, do que sae un novo demiño, ao que lle poñen por nome Anduriño. Pero Anduriño escapa tamén e, mentres todo iso sucede...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    11,35 €

  • AS MANS DO MEDO
    MIRANDA, XOSÉ
    Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemite...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • MORNING STAR
    MIRANDA, XOSÉ
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o se...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    19,50 €