IZAN O DA SACA

IZAN O DA SACA

QUIROGA, XABIER

23,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2015
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9914-940-0
Páginas:
384
Encuadernación:
Rústica
23,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias mortes sen relación aparente, unha novela. Nela, un taxista con ínfulas investigadoras e lector empedernido acepta o delicado encargo dun coñecido político e empresario galego: desentrañar un suposto pasado nazi co que os seus inimigos poden relacionalo. Comeza así, ademais dunha engaiolante procura pola xeografía física e humana deste país, unha perigosa pescuda sobre un dos feitos históricos máis intrigantes da posguerra: a misteriosa «Ruta das ratas» ao seu paso polo noroeste da península Ibérica e cara ao refuxio nazi en América do Sur.
Mesturando realidade e ficción, coa mestría da madurez narrativa e facendo encaixar as múltiples pezas desta novela negra nun insólito final, Xabier Quiroga atrápanos nunha trama que, da man do Reiniña, o seu protagonista, remexe no escuro duns feitos agochados no pasado pero que, sen remedio, salpican o presente.

Artículos relacionados

  • A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS
    PORTABALES, ARANTZA
    Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Ba...
    En stock

    21,10 €

  • QUÉROTE
    DELFORGE, HÉLÈNE
    Quererse. Un estado, unha oportunidade, unha sorpresa, un sentimiento, unha sensación, unha emoción. O amor vívese, o amor dise, o amor cóntase, o amor compártese, o amor comeza, o amor acaba... ás veces. Mais non sempre. hay tantas clases de amor como namoradas e namorados. ...
    En stock

    22,00 €

  • CARRUSEL
    DÁVILA, BERTA
    Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da s...
    En stock

    15,50 €

  • OLLOS DE AUGA
    VILLAR, DOMINGO
    Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados, vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas máis diversas. O seu axuda...
    En stock

    20,00 €

  • SENLLEIRAS (II PREMIO ILLA NOVA)
    YA?EZ RODRIGUEZ, ANTIA
    PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 A novela das mulleres que rachan co silencio. Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as es...
    En stock

    22,00 €

  • CURIOSIDADE
    A poeta observa o mundo. A poeta esculca co ollo apegado ao telescopio os misterios do universo. A poeta contempla a través do microscopio a harmonía e o caos das moléculas. A poeta mira e escribe. Estíbaliz Espinosa proponnos en Curiosidade que cambiemos o punto de vista sobre as cousas para encontrar unha nova ollada. A relación entre literatura e ciencia. O pulso da vida e a...
    En stock

    15,00 €

Otros libros del autor

  • O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    QUIROGA, XABIER
    Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por parte dun ancián moribundo co que comparte cuarto de hospital. O breve e intrigante relato, que aparentemente ten que ver con Castelao e con certos acontecementos tráxicos da posguerra galega, aviva a curiosidade do escritor, polo que iniciará unha investigación n...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    23,95 €

  • O CABO DO MUNDO
    QUIROGA, XABIER
    «Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou. A urxente busca de si mesmo achegarao sen remisión ao cerne dun segredo amoroso e duns cr...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    22,50 €

  • SE BUSCABAS UN DEUS
    QUIROGA, XABIER
    Se buscabas un deus, a nova novela de Xabier Quiroga, non é exactamente a continuación de Atuado na braña, nin sequera -por moito que deixe resoltas as súas incógnitas- o seu complemento. Trátase dunha novela diferente, que fará que o lector matine nun futuro demencial que está aí ao lado, como agardando, para someter a vida e a persoa. A procura de Ivo, o rapaz protagonista, q...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    28,95 €

  • ERA POR SETEMBRO
    QUIROGA, XABIER
    Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila natal para asistir a un enterro dun dos seus seres queridos. Durante a súa precipitada viaxe, rememora o que sucedeu alí hai trinta anos, coincidindo co inicio da súa adolescencia. Foi o encontro coa figura de don Manuel -o primeiro amor da súa nai- e os conflitos co seu pai, motivados pola súa amizade con e...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    19,50 €