DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA

DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA

CASALDERREY, FINA

9,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2000
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-8302-565-9
Páginas:
120
Encuadernación:
Otros
9,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.
O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada.
Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tíñalle unha especial animadversión.
Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara, pero non dan con el.
Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús, logo de escoitar comentarios no colexio dun can que vagabundeaba había dous días por alí, aparece Máquina correndo cara a ela.
Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.

Artículos relacionados

  • FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN. UN LEGADO INFINDO (LIBRO CON PICTOGRAMAS)
    GÓMEZ ÁLVAREZ, LUCÍA
    A colección “Lectura Fácil” nace para que todo o mundo poida ler, sexa como sexa cada un ou cada unha. Os pictogramas axúdannos a entender as historias e os poemas. A vida de Florencio Manuel Delgado Gurriarán, a quen se dedica o Día das Letras 2022, ao alcance de todas e de todos. ...
    En stock

    15,90 €

  • O CONSERXE
    VÁZQUEZ SOMOZA, XOSÉ LUÍS
    A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio co...
    En stock

    12,95 €

  • CAMPO DE PLUMAS
    CASTRO YÁÑEZ JESÚS
    Dende Safo a Mary Jean Chan, gran cantidade de poetas compuxeron ao longo do tempo versos que daban conta de diversas identidades e orientacións sexuais. En Campo de plumas, Jesús Castro Yáñez escolle algúns deles e dálles forma en galego, con gran coidado e sensibilidade. Nesta escolma os poemas manteñen unha relación fluída e natural entre si e dialogan coa mocidade de hoxe. ...
    En stock

    16,00 €

  • SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    En stock

    12,95 €

  • A PINTORA LIBERTARIA
    PEPE CARBALLUDE
    Un discurso entre a verdade e a mentira, entre a ética e a estética, entre o teatro da vida e as bambolinas da conciencia.A pintora libertaria fai un percorrido que discorre en paralelo entre o mundo da política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e gr...
    En stock

    13,50 €

  • NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE
    NEGRO, CARLOS
    O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar... Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu so...
    En stock

    12,95 €

Otros libros del autor

  • A MULLER XABARIL
    CASALDERREY, FINA
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto...
    En stock

    18,95 €

  • PROHIBIDO CASAR, PAPA!
    CASALDERREY, FINA
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza de catorce anos orfa de nai, que asiste ao romance entre o seu pai e unha muller pola que ela non sente simpatía ningunha. Internada nun hospital por mor dunha operación de apendicite, Elia alterna a rememoración dos momentos máis importantes da súa vida coas visitas que ...
    En stock

    13,20 €

  • A POMBA E O DEGOLADO
    CASALDERREY, FINA
    A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif. Por fortuna na casa, onde tamén se viven tempos moi dífícil...
    En stock

    13,50 €

  • EL MISTERIO DE LOS HIJOS DE LÚA
    CASALDERREY, FINA
    Las crías de Lúa, la gata de David, desaparecen al día siguiente de nacer. Con la ayuda de su amiga Blanca, David emprende una investigación. ¿Conseguirán hallar a tiempo al culpable? ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    9,20 €

  • O MISTERIO DO FARO VELLO
    CASALDERREY, FINA
    Lorena e os seus amigos queren descubrir a orixe das misteriosas bólas de luz que, como pompas de xabón xigantes, flotan sobre o Faro Vello de cando en vez, sen que ningunha persoa maior semelle reparar nelas. O que non imaxinan é que hai un rapaz na vila disposto a evitar que desvelen o enigma, aínda que teña que empregar os medios máis perversos para conseguilo. ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • PESADILLA EN EL TREN CHOCOLATE
    CASALDERREY, FINA
    Lino e Iria, dos hermanos, van a viajar por primera vez solos. Lo harán en el tren Chocolate, viejo conocido suyo, pero en esta ocasión algo raro se adivina en el ferrocarril. ¿No tendrá algo que ver con el señor tan raro que viaja en el mismo compartimento? Una entretenida historia que enseña a no fiarse de las apariencias. ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    8,20 €