CAMUS, ALBERT
Camus presenta temas fundamentais como o exercicio do poder ou a cobiza, que se vinculan coa dimensión máis perversa da condición humana, quer no plano colectivo quer no plano familiar. Nos dous títulos déixase sentir o peso da filosofía do absurdo, dunha existencia dominada polo baleiro e a ausencia de significado, nun mundo cheo de furia e ruído.