AS MEIGAS DE LUPA

AS MEIGAS DE LUPA

SOLAR, MARÍA

12,30 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2012
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9914-375-0
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
12,30 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unha semana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberán compartir a estancia con varias amigas da avoa, que veñen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparición dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no século XXI. Unha trepidante viaxe no tempo á Galicia castrexa do primeiro século, cando chegaron aos territorios da raíña Lupa uns estranxeiros que traían o corpo do Apóstolo Santiago desde a afastada Palestina.

Artículos relacionados

  • AS RAPAZAS NON SABEN PEGAR
    EASTON T. S.
    Fleur ten dezaseis anos, dous bos amigos (Blossom e Pip) e un mozo maior ca ela, que os seus pais adoran. Un día proba as clases de boxeo só por retar o club, que non permite que as rapazas adestren cos rapaces. Inesperadamente Fleur atopará non só unha nova afección, senón unha nova forma de vida que a transformará e que preocupará a súa sobreprotectora nai. ...
    En stock

    17,00 €

  • SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    En stock

    12,30 €

  • DARÍO A DIARIO
    ARIAS, XELA
    En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fill...
    En stock

    16,15 €

  • NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE
    NEGRO, CARLOS
    O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar... Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu so...
    En stock

    12,30 €

  • CAMIÑO PERIGOSO
    LOUREIRO, ÁNXELA
    En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura. A narración mes...
    En stock

    12,30 €

  • ORESTES PERDE O SENTIDO!
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúa...
    En stock

    12,95 €

Otros libros del autor

  • QUOKKA MOKA
    SOLAR, MARÍA
    Os quokkas son os únicos animais do mundo que sempre sorrín. Unha especie australiana de marsupiais que está en perigo de extinción. Imaxinas un animal que sempre sorrí, pero que é realmente insoportable? Pois esa é a nosa Quokka Moka. Insoportable ata fartar. Un día, sen querer, extermina a súa especie e só sobreviven ela e mais a súa riseira avoa, que quedou moi enfadada. As ...
    En stock

    12,50 €

  • TEÑO UNS PÉS PERFECTOS
    SOLAR, MARÍA
    Melchor Sabichón preséntase ao concurso «Na busca do neno máis listo» pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro todo canto necesita saber sobre esas extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número...
    En stock

    14,00 €

  • MEU PESADELO FAVORITO, O
    SOLAR, MARIA
    Velaquí a curiosa historia dun neno con febre e dunha repartidora de bicos, un bar onde todo o mundo di mentiras, un alien que se move polos sumidoiros, un dinorrinco... Un pesadelo? Quizais un fermoso soño feliz. Un libro divertidísimo. ...
    En stock

    12,75 €

  • VERDADEIRA HISTORIA DA MOSCA DA TELE, A
    SOLAR, MARIA
    Un dos libros máis divertidos e curiosos de todos cantos teñas vistos na vida. Porque, a ver, cantos libros coñeces que teñan como protagonista unha mosca televisiva? María Solar escríbenos unha historia divertida e moi pouco particular, que nos vai servir para acompañar á mosca da tele dende os platós da televisión en Galicia á televisión do Caribe! A culpa de todo tívoa un se...
    En stock

    11,50 €

  • VOU TER UN IRMAN!!!
    SOLAR, MARIA
    As preguntas acoden voando á súa cabeciña: e como será?, e como é posible iso?, e como vai cambiar a miña vida?, e os meus pais agora van ser diferentes? María Solar constrúe unha historia divertida que permitirá, a irmáns maiores e a pais e nais co seu segundo en camiño, abordar o tempo da espera dende a comicidade e unha visión moi graciosa do mundo. Porque non hai nada máis ...
    En stock

    16,30 €