ARTUR E CLEMENTINA

ARTUR E CLEMENTINA

TURIN, ADELA

15,00 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
Kalandraka Editora, S.L.
Año de edición:
2012
Materia
Infantil galego
ISBN:
978-84-8464-785-0
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné
15,00 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

Hai máis de trinta anos, Adela Turin comezou a publicar
en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco
tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título
«A favor de las niñas». Converteuse nunha serie de referencia
para a coeducación e a igualdade, e foi traducida a varias
linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade
estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios.
O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre
Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía
e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz;
a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza
as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto,
a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha
dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais
que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.

Artículos relacionados

  • AS FORMIGUIÑAS FILANDEIRAS
    GARCÍA, VICTORIA
    As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación. Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras. Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes. ...
    En stock

    13,50 €

  • A DRAGOA Á QUE NON LLE GUSTABA O LUME
    MERINO, GEMMA
    A todos os bos dragóns lles gusta voar e escupir lume. Pero NON lles gusta nada a auga. Que se supón que debería facer unha dragonciña que descobre que pode nadar coma un peixe e que?LLE ENCANTA? E que pensará o seu papá dragón? Unha encantadora e divertida historia sobre a aceptación, a diferencia e o amor familiar. Da galardoada creadora de O crocodilo ó que non lle gustaba a...
    En stock

    12,00 €

  • BENXAMIN, O CACHALOTE QUE QUEIA SER GOLFIÑO
    CARBALLEIRA, PAULA / MILLAN, BLANCA
    Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía. Benxamín quere ser coma os golfiños, que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Benxamín o intenta, só a súa amiga, a tartaruga Minerva, que aínda que lle chaman boba é moi lista, o escoita e lle sorrí. Un día, Benxamín enferma de tristura, e todas as gaivotas escuras, os ara...
    En stock

    15,50 €

  • A PEDRA VERDE
    SANTOS GARCÍA, JULIO
    Ola! Eu son Txano, e o meu xemelgo fraternal chámase Óscar. Algunha vez viches caer un meteorito? Pois nós si... Nunha excursión, a comezos do verán, unha enorme bóla de lume atravesou o ceo diante dos nosos fociños e... estrelouse no bosque! Si, ben sei que o lóxico sería liscarmos de alí a fume de carozo na dirección contraria, pero non o fixemos e fomos na súa procura. E ato...
    En stock

    11,50 €

  • OPERACIÓN SABUXO
    SANTOS GARCÍA, JULIO
    Ola! Eu son Txano, e o meu xemelgo fraternal chámase Óscar. Cando lles contamos a Raúl e a Sonia, o noso mellor amigo e a nosa mellor amiga, que un estraño meteorito verde nos volvera telépatas, alucinaron. E, despois da sorpresa, sabedes o primeiro que se lles ocorreu? Que precisabamos un cuartel xeral! Mentres tanto, unha vaga de desaparicións de mascotas caninas asolaba Twin...
    En stock

    11,50 €

  • OLA!
    BONILLA RAYA, ROCIO
    Babymoni dilles «Ola!» ao can, ao gato, ao peixe... Como lle responderán? Descubre con Babymoni o son que fan os animais e pásao en grande! ...
    En stock

    10,95 €

Otros libros del autor

  • UNHA FELIZ CATÁSTROFE
    TURIN, ADELA
    A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Rato a que atopa a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia. ...
    En stock

    15,00 €

  • ROSA CARAMELO
    TURIN, ADELA
    En stock

    15,00 €

  • A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
    TURIN, ADELA
    Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título «A favor de las niñas». Converteuse axiña nunha serie de referencia para a coeducación e para a igualdade, e foi traducida a varias linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade estes libros te...
    Disponible en 48 horas

    15,00 €