PEREZ ANTON, PABLO
Este libro é unha matrioska de todas as temidas e voraces feras dos contos tradicionais.
A historia realiza este orixinal repaso a través do estómago de cada unha das criaturas fantásticas que, xeración tras xeración, atemorizaron os nenos de todas as épocas baixo a ameaza de engulilos.
As ilustracións obrigan a non perderse nin un só detalle e posibilitan novas lecturas. O humor irreverente das imaxes encaixa coa lectura divertida que pretende este álbum.