A CASA DE HABÍA UNHA VEZ

A CASA DE HABÍA UNHA VEZ

FERNÁNDEZ, ANA MARÍA

9,85 €
IVA incluido
Disponible en 48 horas
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2008
Materia
Infantil galego
ISBN:
978-84-9782-897-0
Páginas:
56
Encuadernación:
Rústica
9,85 €
IVA incluido
Disponible en 48 horas
Añadir a favoritos

¿Quen no coñece aínda o conto do soldadiño de chumbo ou da Carapuchiña vernella? En A casa de había unha vez, Ana María Fernández e o ilustrador Enjamio convídannos a realizar unha viaxe ó eterno mundo dos contos a través duns poemas nos que se entrecruzan dragóns e leóns, trasniños, raíñas e princesas, fadas encantadas e ras enmeigadas: Ó soldadiño de chumbo dóelle o pé de correr de guerra en guerra ó coxilipé. A princesiña do tupé está co seu zapato de tacón tomando un canapé coas damas no salón. No bosque encantando dos tres regatiños bailaban a polca os sete ananiños. A rata do lindo bigote, meteu os fociños no fondo do pote. O xastre, que era valente, enfadouse de repente e matou dunha patada sete moscas descaradas.Vinteoito poemas que piden ser recitados en voz alta para descubri-la música dos contos de sempre, que ningún neno nin ningunha nena quererán deixar de escoitar.

Artículos relacionados

  • A CIDADE DO ÁTOMO
    MISA, IRIA
    Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edif...
    En stock

    12,70 €

  • PETISCOS
    EQUIPO SUSHI PARA PETISCOS
    Neste caderno atoparás petiscos dunha ducia de aventuras para ir abrindo boca á oferta literaria en galego, cada vez máis ampla. Un bo acompañamento para? almorzos, tacos e merendas! ...
    En stock

    10,00 €

  • AS MÚSICAS VIAXEIRAS
    CARIDE, RAMÓN
    En tempos remotos, as princesas vivían fechadas en torres mentres agardaban a chegada de príncipes con sangue azul. As pandeireteiras, pola contra, tiñan que buscar a vida polos camiños... Con todo, nin moitas das mulleres se resignaban ao seu destino nin todas as princesas se conformaban con non poder ver o mundo cos seus propios ollos. Aínda que daquela había homes ruíns nas ...
    En stock

    12,70 €

  • ESCOLA DE SALVAXES. OS MINIMORTOS
    COSTAS, LEDICIA
    A inesperada aparición da mestra Sinistra revoluciona os Minimortos. Quen será esa muller tan excéntrica? Camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar. Os Minimortos non queren saber nada da escola. O deles é xogar, divertirse, facer trasnadas, pasalo xenial... Por que esta estraña teima en que vaian ao colexio? Esta pand...
    En stock

    12,50 €

  • NESTE CONTO NON HAI NINGÚN LOBO FEROZ
    CARTER, LOU
    O Lobo Feroz chega tarde. OUTRA VEZ! Os tres porquiños están rosmando, e a avoíña está angustiada. Pero como podería o Lobo estar en dous contos á vez? O Lobo xa tivo SUFICIENTE. Nesta historia NON haberá NINGÚN LOBO FEROZ! Poderán o resto de personaxes facer que os contos sigan funcionando sen el? Ou descubrirán que, a pesar de todo, necesitan un Lobo Feroz? Unha irresistible ...
    En stock

    12,00 €

  • VAIA CABUXIÑO!
    O HEMATOCRÍTICO
    O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz. Só era feroz. Os habitantes do bosque temíano porque era unha besta parda que comía todo canto se lle puxese diante. Ata que un día un cabuxiño se enfrontou a el co seu enxeño. ...
    En stock

    12,95 €